BRIGA, organiza�om juvenil da esquerda independentista

Loja Virtual
Arquivo Gr�fico
correio-e:
Compartilhar
Actualizada em
14/01/14
novas

Festival Intercultural contesta campanha racista em Ponte Vedra

imagem

Maio de 2008

As mais de trinta entidades política e sociais que no passado mês de Março apresentarom o documento “Ponte Vedra por umha sociedade multicultural e solidária”, organizam o próximo Sábado 31 de Maio o Festival Intercultural.

O Festival, que conta entre as entidades organizadoras a BRIGA, tem programado a celebraçom de palestras, contacontos, obradoiros e para rematar um concerto, no que será umha importante jornada para contestar a campanha racista que em Ponte Vedra e outros lugares da Galiza, sofre a comunidade cigana.

A seguir, reproducimos o programa do Festival à vez que vos animamos a partipar,

Festival Intecultural
Sábado 31 de Maio · Praça da Ferreria (Ponte Vedra)

18h00 Mesa-redonda
Conchi Vazquez. Ensinante ( Moderadora )
Luisa Marquez. Ensinante IES Monteporreiro
Fernando Montoya. Mediador Interecultural de Secretariado Cigano
Bilal Traore. Senegales e Presidente Sen Fronteiras
Manuel Vila. Associaçom de promoçom e integraçom cigana de Lugo

18h30 Contacontos
A cargo de PAVIS PAVOS

20h00 Concerto
DEGOO
RAFA de DEBUXOS REANIMADOS
FAINOTI
FUSIÓN FLAMENCA
OS CHICHISOS

Convoca: PLATAFORMA PONTE VEDRA INTERCULTURAL
Amarante, Asemblea de Mulleres, Asociación Arxentinos/as Rincón Criollo, Asociación Galega de Animación e Intervención Social, Asociación de ensinantes con xitanos CSIKLOS, Asociación Inclusion, Asociación Sin Fronteras, Asociación Socio-Cultural Inzar, BRIGA, CGT, CNT-AIT, Colectivo de traballadores/as de Kalandraka, Escola Tempo Libre Paspallas, Fundación Emaus, Mulleres Cristiás Galegas, Nós-UP, PCPG, PUM+J, A Revira, Rexurdir Provincial, Secretariado Xitano e Verdegaia.